Saltar ao contido

Gravity Probe B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravity Probe B / GP B
TipoExperimental
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento20 de abril de 2004, 16:57 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7920[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónValidación da relatividade xeral de Einstein.[2][6]
NSSDC ID2004-014A
Masa3334 kg[2][5][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7011 km<ref name=n2yo>
Inclinación89,8º<ref name=n2yo>
Apoapse642,5 km<ref name=n2yo>
Periapse638,4 km<ref name=n2yo>

Gravity Probe B, tamén coñecido polo seu acrónimo GP , foi un satélite artificial da NASA lanzado o 20 de abril de 2004 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

GP B foi un satélite experimental desenvolvido pola NASA e a Universidade de Stanford para comprobar dúas predicións da relatividade xeral de Einstein. O experimento comprobou con alta precisión pequenísimos cambios na dirección de rotación de catro xiroscopios contidos no satélite, en órbita polar a 650 km da Terra. Os xiroscopios mediron como o espazotempo se distorsiona pola presenza da Terra e como a súa rotación arrastra o espazotempo ao seu arredor.[2][5][6]

A misión ten unha longa historia, cos primeiros pasos dados en 1964 para valorar a posibilidade de facer unha misión así. En 1985 a NASA iniciou un estudo para facer parte do experimento a bordo do transbordador espacial antes de lanzar a misión completa por separado, pero o accidente do transbordador espacial Challenger cambiou os plans. En 1993 a NASA puxo os fondos para comezar a desenvolver a misión, que estive cerca de cancelarse varias veces por sobrecusto ata que finalmente foi lanzada en 2004.[2][5][6]

  1. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GP-B" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (17 de abril de 2020). "Gravity Probe B" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  3. "Note verbale dated 3 June 2004 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (04-54975(E)): 3. 9 de xuño de 2004. Consultado o 3 de maio de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "Gravity Probe B" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GP B (Gravity Probe B)" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2020). "Gravity Probe-B" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]